Axúdalle a crear novas coleccións, modificar ou suprimir coleccións existentes, ou engadir documentos nunha colección.
Permítelle engadir novos usuarios, dá un resume das coleccións que hai no sistema e proporciona informacións técnicas sobre a instalación de Greenstone.
Proporciónalle información sobre o programa Greenstone e o proxecto de biblioteca Dixital de Nova Celandia, de onde provén
Manuais de Greenstone
 

Greenstone é un conxunto de programas informáticos destinado á creación e difusión de coleccións documentais electrónicas que fornece unha nova forma de organizar a información e publicala en Internet ou en CD-ROM. Greenstone é producido polo Proxecto de Biblioteca Dixital de Nova Celandia da Universidade de Waikato, este producto distribúese en colaboración coa UNESCO e a ONG Human Info. é un programa de código fonte aberto, que pode descarregarse no enderezo http://greenstone. org segundo as condicións estipuladas na Licencia Pública Xeral de GNU.

A finalidade deste programa é que os usuarios, en particular nas universidades, bibliotecas e outros establecementos públicos, poidan crear as súas propias bibliotecas dixitais. As bibliotecas dixitais están transformando radicalmente o método de distribución e adquisición de coñecementos utilizado pola UNESCO cos seus interlocutores nas esferas da educación, a ciencia, e a cultura en todo o mundo, a particularmente nos países en desenvolvemento. Agardamos que este programa contribúa a fomentar a creación e difusión de bibliotecas dixitais co fin de compartir a información e poñela a disposición do público en xeral.

Este programa elabórase e distribúese gracias ó esforzo de colaboración internacional iniciado en Agosto de 2000 por tres participantes:

O proxecto Biblioteca Dixital de Nova Celandia na Universidade de Waikato
O programa Greenstone naceu deste proxecto e a iniciativa recibiu o respaldo da Subcomisión de Comunicación da Comisión Nacional Neocelandesa para a UNESCO, como parte da contribución de Nova Celandia ó programa da UNESCO.
Organización das Nacións Unidas para a Comunicación, a Ciencia e a Cultura
A difusión mundial de información en materia de educación, ciencia e cultura, en particular nos países en desenvolvemento, é un dos cometidos principais do programa intergubernamental da UNESCO "Información para todos". Por outra parte, considérase que unha tecnoloxía da información e a comunicación apropiada e accesible constitúe un instrumento esencial a este proxecto.
UNESCO logo
A ONG Human Info, con sede en Amberes, Bélxica
Este proxecto, que traballa con Axencias de Nacións Unidas e outras ONG, fíxose unha reputación a nivel mundial na dixitalización de documentos relativos o desenvolvemento humano, e a súa difusión, gratuíta nos paises en desenvolvemento e a prezo de custo nos demais países.
Human Info logo